Contos para mirar ó redor, á natureza, a nós mesmas. Para coidala, para coidarnos
Ola a todos e todas e benvidos a esta viaxe sen rumbo que ten como punto de saída o peirao. O lugar de onde saen moitos barcos e onde chegan outros. Onde se xunta a terra co mar, os redeiros coas mariñeiras, o ceo e o mar, as gaivotas e as fanecas e onde se xunta todas as historias que non se sabe moi ben xa de onde veñen, porque se mixturan co que hai en terra.
Chegan de lugares lonxanos, moitas veces fan miles de quilómetros e pasan por selvas, desertos bosques ata chegar o mar e logo viaxan en barco ate chegar o noso peirao. Arrandeadas polas ondas e molladas pola salitre. Refrescadas polo vento e como un sopro de aire fresco chegan os noso oídos, pero para iso hai que telos ben abertos así que imos limpar ben as orellas.
Din de O Peirao
Equipo artístico
Creación e idea orixinal
Daniel Blanco
María Dobronich
Intérpretes
María Dobronich
Daniel Blanco
Vestiario
María Dobronich
Elaboración de títeres
María Dobronich
Escenografía
María Dobronich
Detalles técnicos
Duración
45 minutos
Montaxe
50 minutos
Desmontaxe
30 minutos
Público
A partir de 3 anos
Idioma
Galego
Espazo
3 x 3 metros (mínimo)
- Descarga Dossier pdf | 1.27 MB
A distribución deste espectáculo para Galiza corre a cargo de: