Que non nos rouben os soños
O Rei máis malo de todos os tempos, Rácano I non deixa de poñer leis cada vez máis terribles. Desde proibir os recreos ata os domingos. Tampouco se pode cantar na ducha. Os habitantes de Galegópole non poden máis. Todo o día traballando nas minas. O único que lle quedan son os soños. Pero o malvado arquimago do palacio Reptilio Pérfido, inventou ou máis terrible dos inventos, para que incluso as noites sexan un pesadelo para os galegopolitas. Ata cando vai aguantar o pobo esta situación? Xa está aquí o novo espectáculo de Diáspora Escena, un espectáculo de narración oral, cheo de máxia, música, teatro de obxetos, circo, monicreques e tamén un chisco de rebelión.
A partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Ficha artística:
Dirección: Marcos Carpallido “PTT”
Actores: María Dobronich e Dani Blanco.
Escenografía: María Dobronich, Dani Blanco y Dani Keller.
Vestiario: María Dobronich