Polos Pelos

Circo desmelenado

Un cambio de look para todos os públicos.

Un xeito de ver as cousas dende un punto de visat diferente, unha visión de como adaptarse para seguir sobrevivindo.

Collendo os vestixios deixados por grandes artistas como Chaplin ou Buster Keaton, dende unha estética parecida ao do cine mudo, o corpo devén en narrador da historia, e estas historias trasnmítense empregando unha linguaxe universal, feita dende o teatro xestual e a expresión corporal onde sobran as palabras.

Este espectáculo narra a vida dunha personaxe que sae un día máis a traballar na súa barbería. Unha barbería itinerante que non ten un lugar físico concreto. Adapta o seu traballo ó tipo de público e ao lugar onde se atope.

Un día descobre, mentras traballa, que un descoñecido esqueceu unha maleta, unha maleta un tanto estrana. Despois de intentar devolvela, decide investigala, e cando a abre descobre un mundo cheo de sorpresas que o levan a atoparse cun mundo novo diante del. E, na que ata agora era unha simple barbería, transformase nun espazo onde o circo, a máxia e todas as cousas que saian da nosa imaxinación teñen cabida.

Él mesmo aprenderá que cos soños calquera pode facer o que se propoña. E o que era un simple barbeiro, vaise convertir en todo un artista.

Un espectáculo cheo de humor, máxia, malabares, música, clown e moitas sorpresas máis.

Ficha técnica

Duración

50 minutos

Montaxe

90 minutos

Desmontaxe

60 minutos

Son

300 watios

Público

Todos os públicos

Idioma

sen palabras

Espazo

Rúa

3x3x3 (mínimo)

5x4x3 (ideal)

equipo de son propio

Ficha artística

Creación e idea orixinal

Daniel Blanco

Actor-clown

Daniel BLanco

Dirección artística

Walter Velazquez

Adestramento clown

Natalia Outeiro “Pajarito”

Vestiario

María Alejandra Gómez

Escenografía

María Alejandra Gómez

Outras creacións

Ver todas as creacións