Para potenciar as virtudes das persoas e os grupos que conforman, e axudarlles a sacar a súa mellor versión a través do humor, as técnicas de improvisación son unhas ferramentas sorprendentemente potentes e eficaces.
E como se trata de traballar en equipo, nas seguintes propostas vou da man da compañía de teatro improvisado The Momento Impro.
Team building
A través do noso team building, dunha forma lúdica e natural, os participantes toman a misma dirección e comprenden como traballar en grupo dexeito máis efectivo aceptando e reforzando as ideas dos outros.
Mediante a ferramenta do teatro de improvisación, os compañeiros convírtense nun pilar no que apoiarse para acadar os obxectivos do grupo.
Os e as asistentes participan en dinámicas e xogos que lles permiten crear, contar e interpretar as súas propias historias. Neste ambiente lúdico e seguro os participantes exploran o seu potencial creativo e o potencial do grupo como creador.
Participantes: 10 a 20 persoas por aula
Duración: Ata 5 h/día (adaptable)
Conferencias
As conferencias e charlas teñen coma obxectivo abordar a creatividade desde unha mirada artística, basada no universo teatral e, máis concretamente, na improvisación.
A partir da nosa experiencia amosaremos, dun xeito lúdico e ameno, ferramentas e recursos para ter un enfoque creativo no ámbito profesional e persoal.
Os e as asistentes terán a oportunidade de participar e ver en directo como se aplican os conceptos expostos, cumplindo co obxectivo de crear escenas de xeito colectivo mediante a interacción con voluntarios do público, sen ensaio, sen preparación, sen medo… simplemente improvisando.
Duración: 90 minutos (adaptable)
Espectáculos de improvisación a medida
Un espectáculo cómico no que se crean escenas orixinais relacionadas cun tema escollido, coa participación activa do público, que se volve guionista da escena improvisada.
Un espectáculo, unha experiencia única e irrepetible, que permite adaptar o seu contido e duración ás vosas necesidades. Apto para todo tipo de espazos e situacións (presentacións de resultados, convencións, festas e eventos corporativos…).
Contamos cunha ampla experiencia en convencións de empresa e grandes eventos coma o Maker Faire Galicia entre outros.
Elenco: 2-3 actores
Duración: 60 minutos (adaptable)
Mestres de cerimonias
Xornadas, congresos, convencións… non son o mesmo se os asistentes son “levados” con humor. Antes de pechar a axenda chámanos e xuntos faremos que o evento transcurra moito máis áxil e xenere unha mellor lembranza do que estades acostumados.
Presentamos o teu evento con intervencións dinámicas e divertidas para darlle frescura, con sopresas inesperadas para facer do teu evento un evento inesquencible.
Elenco: 2-3 actores
Duración: 90 minutos (adaptable)