Circo fresco e
narracións selectas
dende as marxes

Bufón, pallaso, improvisador
e narrador oral

Nacín en Cangas no ano 1981. Como di en grande máis arriba, son pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. E tamén licenciado en Matemáticas, para quen lle poida interesar.

Formeime (fun collendo forma) a medio camiño entre Santiago de Compostela e Buenos Aires, con todo este elenco de mestres:
Teatro-clown: Marcelo Savignone, Walter Velázquez, Loco Brusca, Marcelo Katz, Maite Guevara.
Improvisación teatral: Omar Galván, Feña Ortalli, Gonzalo Rodolico, Jorge Costa, Pablo Pudnik, Al Tran Trán, Beto Urrea, Gigio Giraldo, Improptu (Costa Rica), Sergio Páris (Perú).
Narración oral: Sole Felloza
Malabares: Totó, Marco Paoletti, Stefan Sing, Maksim Komaró, Ville Walo.
Outras formacións: Xenia Tártari (claqué); Fabiana Gastaldello (pantomima).

Circo e clown

No ano 2003 fundei a compañía de circo Assircópatas coa que creei 8 espectáculos ó longo destes 20 anos. Entre eles: Montagem, Polos pelos, Abracadaver ou Rogelio, un pallaso en recuperación.

Grazas a estes espectáculos saín de casa e viaxei por 15 países.

Fundei a cía. Muu tamén de circo no ano 2019 creando o espectáculo Crunch!.

Participei en distintas redes culturais: Rede de Teatros e Auditorios de Galicia, Cultura no camiño, Rede Cultural de Euskadi e en moitos festivais por toda a península: Cucha de primavera (Úbeda), Festival de Teatro de Palencia, Mais Imaginarius (Portugal), Artenbitrir (Valencia), etc… así como no estranxeiro.

Como docente impartín clases de malabares en Buenos Aires e alí participei en distintos cabarets organizados por colectivos e asociacións locais.

Improvisación teatral

Adentreime noutros campos coma a improvisación coa que fundei a compañía The Momento Impro no ano 2012. Actúando cada mércores durante 8 anos no cafe bar Camalea de Compostela.

Impartín clases durante varios anos e actuei nas montaxes do Centro Drámatico Galego con Improvisións. Participei dous anos no encontro nacional de improvisación teatral de Zaragoza. Fixen versións no Salón Teatro de A Peste e Ás oito cando morren as nais . Participei en festivais internacionais como o Festival Internacional de Improvisación Teatral da República Dominicana no ano 2022.

Creei espectáculos como Entreliñas no ano 2015 ou Absurdia no 2023, xunto con Antón Coucheiro e Arturo Cobas, co que se inagura o Festival VadeImpro de Valladolid dese mesmo ano.

Narración oral

Formeime con Sole Felloza despois de que me entrase o gusanillo facendo un curso con Héctor Urién. Son membro de NOGA (Asociación de Narración Oral Galega).

Participei en festivais como o Atlántica escribindo os meus propios contos para adultos que publiquei no libro Murmuraban as miñas veciñas no ano 2022. Neste mesmo ano creei espectáculos infantís de narración coma Historias desde o outro lado da raia, Se o cantaro non vai a fonte… ou coa Cía Diáspora Escena O Peirao. Tamén espectáculos para público adulto como Pequenas historias subversivas, Ondas para mudar ou Murmurban as miñas veciñas.

Como di miña nai:
-Este dálle a todo.

Din de min

Festivais

Estes son algúns dos lugares por onde pasei, algúns deles fun sen avisarlle a miña nai.

Festival Internacional de Teatro de improvisación del Caribe en Rep. Dominicana

Festiclown Palestina

Festival Atlántica de Narración Oral, Santiago de Compostela

Copiii Circului, Timișoara

Mostra Internacional de Teatro, Cangas

La Strada, Augsburg

Festival Onderstroom, Vlissingen

Milano Clown Festival, Milano

Mais Imaginarius, Santa Maria da Feira

ArtenBitrir, Petrer

Festival de circo de Úbeda